Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresiónsvivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión,ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa efamiliar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunhalinguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica, o segundoacode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catrometáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulaciónteolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical,apoiado na creación-por-amor, os outros dous explicitan dúasconsecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración depetición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lectorou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que prefiran non se internar neses eidos.En coedición coa Fundación IslaCouto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés TorresQueiruga fai unha proposta positiva, coa tranquilidade de espírito ecoa apertura que sempre caracterizou a súa obra, respecto da presenzada fe na nosa cultura.