A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografíaboudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende,ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un casopolicial de secuestro.
A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela iránafectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientesdo seu negocio, todos mostran a súa personalidade durante as sesiónsfotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas sonretratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dunxeito ácido o bulir da vila de Marende.
As pretensións amorosas da protagonista -contadas en clave de humor-son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga mozade Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e dasúa axudante no estudio fotográfico.
Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberale moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.