O tempo transcorre vagaroso nun xogo de espellos, máscaras erealidades posibles. As nenas Cata e Luci fuxindo dun pai brutánvagabundean sen rumbo polas calellas de Bogotá. Moi lonxe desaexistencia terrible, as irmás Catuxa e Lucía deambulan tamén entre asruínas dos seus fracasos persoais e profesionais e tentan recompoñer a súa relación fraternal. Todas elas, as nenas, as mulleres, asómanseao precipicio do futuro sen moitas esperanzas, mais unha herdanzacunha obriga inesperada pode vir mudalo todo. Como illas remotas,Galicia e Colombia semellan afastadas, mais os designios do azar, ounon tanto, e os elos invisibles dunha cadea de afectos quizabesrematen por unir estes mundos tan distantes.