Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelopara Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que ascircunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan assúas actividades sedutoras. Sabela traballa atendendo os artistas dasúa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio. Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Laratrata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda deAriel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordaro problema. Mentres tanto, consciente da falta de cartos, na cabeza da pintora vai tomando forma a idea de saír das dificultades económicasdun xeito creativo, ilegal e arriscado.Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio ManuelLueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza efortuna.