Etica democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade.Cooperación e non competición. República, democracia participativa,primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminacióncara á independencia, socialización, home novo/muller nova, novacultura. Son os eixes reitores da \"Declaración de Láncara\", que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro \"FacerPaís\" en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíronunha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movementosociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política,cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémicacomo pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e demercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Nonabonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre unmovemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía docomún, unha nova cultura política que practique a indignación e adesobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo ecomo motor da emancipación cara a unha creba democrática co réximeexistente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómprereclamarmos o imposíbel: \"só é utópico aquilo que non se loita poracadar\".