ELIPSIS E OUTRAS SOMBRAS

ELIPSIS E OUTRAS SOMBRAS

$24.813
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Ciencia ficcion
ISBN:
978-84-7507-907-3
Páginas:
112
Encuadernación:
Bolsillo
Idioma:
GALEGO
Peso:
154
Dimensiones:
210x130
$24.813
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba oseu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que sise refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final dofranquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nasdécadas anteriores.A edición completa, que hoxe presentamos revisadapolo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seiscontos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainosver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante ereaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, queparticipará, realizándose plenamente como asasino fascista, nasmatanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último contotransmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecera verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo demiles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés poloproducto rei da sociedade que adora: o diñeiro.Os seis relatoscentrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmotema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradascomo castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas deproducción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano ácondición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, enlabirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrotacoma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, comoen «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quenconserva o cerne da súa identidade intacto.

Otros libros del autor