Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de XoséLuís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea políticana que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas dacadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou deCunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura daidentidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo,está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemáticaespecular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina,inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura dacircunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxeextraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinasda literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introdución e dasnotas.