Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto,come pouco e dorme menos. Xan e Pericán son deses amigos que sempre se perden nos camiños. Un día atopan un buraco no chan que os leva aunha cova con tres portas pequerrechas. A primeira era unha portaamarela cun cartel que poñía: ´Aquí é onde comeza todo´. A segunda era unha porta verde que poñía con letras grandes. ´Se entras, nunca teperdes´. A última era encarnada e tiña un sorriso pintado no que nonpoñía nada. A través das tres portas, Xan e Pericán coñecen a Anacleta que anda en bicicleta, ao señor Comendador, que vai en tractor e toca o tambor, a don Torcuato, o que vende vasoiras e amaña os zapatos, adon Claudio, médico de bruxas, xigantes e ananosà´Xan e Pericán´ de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aoslectores avanzados de sete anos en diante unha viaxe polas tres portas da fantasía. Ao xeito da Alicia de Carroll, Xan e Pericán, os dousamigos caen no burato da imaxinación que os ha levar a coñecerpersonaxes máxicos e a superar probas nas que deben poñer en xogotodas as súas mellores habilidades. As espléndidas ilustracións a toda cor de Andrés Meixide realzan este texto, finalista do Premio Merlínde literatura Infantil 2003.