Nesta novela de Daniel Ameixeiro os fíos da memoria vanseenguedellando e desenguedellando nun relato no que Ramón Piñeiro volve unha e outra vez aos difíciles días da posguerra, uns días nos que un grupo de galeguistas, enfrontándose á dura represión da ditadura ecase sen medios, conseguiron ir abrindo fendas naquela abafanteescuridade. Seguindo as palabras de Piñeiro, unha das figuras máisdestacadas da Galicia do século XX, imos percorrendo momentosdeterminantes da nosa historia. A vida de Ramón Piñeiro vesecomplementada coa de Víctor Campio, as dúas vencelladas pola época que lles tocou vivir e pola idea dunha Galicia dona de si. Unha Galiciaque se foi construíndo dende o esforzo xeneroso e dende unha firme feno ideal. Unha Galicia que se foi construíndo, sobre todo, dende ailusión e dende a esperanza. Un tempo, dúas voces, a mesma teima:Galicia.