Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como aspoucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro decase cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas aoonanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métricavisceral do rock and roll e sometido á erosión dos sucios locais deensaio e das suores dos escenarios. Cancións publicadas aquí comotextos literarios, o que lonxe de pedantería ningunha obedece áconvicción de que, por moito que a industria musical o trate deobviar, as letras das cancións non son indiferentes nin neutraisrespecto á difusión da música popular en todas as épocas.
Unha edición que Antón Reixa dedica a todos os músicos cos quecolaborou ao longo destas máis de tres décadas e aos espontáneosportadores dunha entusiasta pancarta aparecida nun concerto de OsResentidos en Madrid e que dicía coa contundencia da pintura en spray: Galicia Beibe