Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radicalentre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidadecomo actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde«Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonistadeste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada deportas abertas dunha institución de saúde mental que,dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético esen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «OXardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariñoruso Kusk, pasando pola antigaSuevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea:coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico ecultural galego?