O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por unmisterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem.Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tresentran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unhaserie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoicoenterrado nas profundidades.E unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a posibilidade dunmundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai incluso quenpretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes, aspectosimbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.