Este relato de Carlos Casares reúne moitas características que fan osseus textos inconfundibles e que lle valeron o aprecio de miles depersoas dentro e fóra de Galicia. Con esta historia graciosa e á vezsimbólica do mundo da beiramar, con ilustracións de Enjamio, chíscanos un ollo, entretennos, divírtenos e dános que pensar, botando man domellorciño da nosa tradición oral. E a historia dun rapaz que un díave como un polbo xigante arrastra o criado Nicolás para baixo do mar,levándoo, polo que parece, canda si para sempre. E é tamén a historiada vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unhafesta, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado depolbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e odesenlace sorprende. En resumidas contas, eis un libro como unha xoiaou, mellor, como unha comida saborosa, completa, pero lixeira edixestiva.