SANTIAGO DE COMPOSTELA A CIDADE DO MILAGRE

SANTIAGO DE COMPOSTELA A CIDADE DO MILAGRE

$37.754
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
Temática
Estudios literarios
ISBN:
978-84-9151-054-3
Páginas:
96
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
240x165
$37.754
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria porCompostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria porCompostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
Os textos, escritos orixinariamente en castelán no ano 1993, estánademais traducidos ao galego e ao inglés.
Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, oConsorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publican un libro quereúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado esteano no Día das Letras Galegas.
Os dous textos orixinais foron escritos polo autor en castelán epublicáronse no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles, titulado Santiago. Milagro y leyendas, publicouse na revista ´Leer´,dedicada ao mundo cultural e literario. O segundo, El milagro deSantiago de Compostela, publicouse en ´Ronda Iberia´, a revista de abordo da compañía aérea. Nestes artigos o escritor realiza unha viaxeliteraria pola cidade de Compostela, ao tempo que afonda na lenda domilagre do Apóstolo Santiago. Este volume recolle ademais a traduciónde ámbolos dous textos ao galego e ao inglés.
O libro, editado en tapa dura, reúne así mesmo unha trintena defotografías de Santiago, na súa maioría pertencentes ao arquivo doConsorcio de Santiago e ao arquitecto do organismo interadministrativo Ramón Fernández Hermida. As imaxes refírense ao fragmento de textoque ilustran en cada caso. A meirande parte delas amosan distintosespazos da catedral de Santiago, rúas e prazas emblemáticas da cidadehistórica, igrexas e outros edificios significativos como a sede daUniversidade, esculturas vencelladas ao milagre do Apóstolo, o Camiñode Santiago...

Otros libros del autor