August Brill recupérase dun accidente de coche. Deitado na cama,cóntase a si mesmo historias para tentar escorrentar lembranzasdesagradables: a recente morte da súa muller, o arrepiante asasinatodo mozo da súa neta. Aos seus setenta e dous anos, este críticoliterario retirado imaxina un mundo sen guerra no Iraq e coas TorresXemelgas en pé, mentres, como consecuencia das eleccións do ano 2000, algúns estados dos EUA comezan unha guerra entre si.A nova novela de Paul Auster enfróntase ás pantasmas da sociedadecontemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill, uncrítico literario retirado que padece insomnio, coa duns EstadosUnidos sumidos nunha nova guerra civil.