Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas deVigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiusuicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comezaTres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa trasrecibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa divertida, capitaneada polaironía, a mordacidade e o coloquialismo, Tres pintores relata asperipecias de dous amigos que unha noite deciden emprender, sen demora e apenas sen cartos, unha viaxe a París a bordo dun vello Renault 8.De fondo, aparece a necesidade urxente de ver mundo que tiñan, nosanos oitenta, uns rapaces que pasaron da militancia clandestina contra o réxime a moverse nos ambientes dunha vida pseudo caralla intelectobohemio contrariosa. Eles representan, na creación artística eliteraria, o que hoxe pode considerarse unha xeración invisible.
Co seu xeito tan persoal de entender a narrativa e unha forma deescribir imantada, Cid Cabido ofrécenos a visión crítica dunha época e duns personaxes, se cadra moito máis reais do que poida semellar,tratados con salientable sentido do humor.