Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro derelatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por unfino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar ondeestá o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moiconscientemente un lector ao que se lle esixe unha participaciónactiva, un labor de (re-) construcción, de (re- )interpretacióndaquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións,baleiros..., feíto, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo deautores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón porun contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aíndapouco común.Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista queprologa o volume baixo o título de ", Extenuación ", ata o", Agardando a Monroi ", , singular exercicio de imaxinaciónparatextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulanconxugando con acerto e alternativamente a primeira e terceira persoae que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máisescuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidase as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, amorte e o absurdo.Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos,desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedarindiferente. Literatura, evidentemente.