Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co restodos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola.Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle:ùTi non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre osdemais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer.
Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co restodos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola.Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle:¿Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre osdemais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer.