Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forteaturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador daBrigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faroda costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar esoña con chegar a elas algún día. Ao mando de tres barcos e trintahomes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. E chegaá verde Erín, un país moi semellante a Brigantia. Alí encontra aamizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón.Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada conpoderoso alento épico. O autor, Silvestre Gómez Xurxo, recrea un dosmáis significativos episodios da historia mítica dos celtas quehabitaron o noso país. A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealtade son algúns dos temas deste libro para lectoresde once anos en diante, ilustrado por Francisco Bueno Capeáns.