TERESA ALVAJAR LÓPEZ

TERESA ALVAJAR LÓPEZ

MEMORIAS DUNHA REPUBLICANA

$38.200
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(369).LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
Temática
Biografias e historias reales
ISBN:
978-84-8487-227-6
Páginas:
286
Encuadernación:
Bolsillo
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x140
$38.200
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Xa ves que sigo coas miñas lecturas e practicando o meu idioma. Quepracer! Xa ves que intento recuperar a miña lingua, a que mearrebataron os "salvadores de España", criminais, o que fixeron demin". Así se expresaba Ma Teresa Alvajar en carta á editora destasmemorias en 2008. Roubáronlle a lingua, afastárona da Terra, coa quesegue a soñar cada noite: soña que volve a ela, que pasea polas rúascoruñesas e que chega á praza de María Pita desde onde olla para axanela da oficina onde traballaba o pai. E cada mañá, despois destaviaxe arelada, esperta cansa e atristurada. Tiña 15 anos cando partiua Soria coa nai, poucos días antes da sublevación militar, para sereunir co pai, na altura gobernador na cidade castelá. Aquela datamarcou para sempre a familia Alvajar López, que nunca máis se volvería encontrar xunta. Longo período de continua peregrinaxe: Soria,Madrid, Valencia, Barcelona, un ano na Coruña, Vimoutiers, Montauban,Barcelona de novo, París, Girona, Madrid máis unha vez. A súa foi unha vida de sortear obstáculos, de facerlles fronte, de os superar.

Nai de tres fillas e un fillo de dúas parellas, que abandonaron assúas responsabilidades, María Teresa Alvajar tivo moita coraxe, nuntempo en que as mulleres semella que tiñan que pedir permiso paravivir, para amar. Camiñante solitaria polo escuro bosque daincomprensión, do machismo imperante, moitas das circunstancias queatravesou son produto dun tempo en que o control da moralidadeconstituíu unha verdadeira obsesión para os franquistas.

Con María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana recupérasemáis unha voz da memoria democrática, unha voz necesaria que nosachega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia. Un relato, enedición de Aurora Marco, que vén enriquecer o conxunto de textosmemorialísticos de autoría feminina publicados nos últimos anos. Unhahistoria de desarraigo violento, duro, adobiado de estrañeza, soidade, incerteza e de penurias na procura da supervivencia. Unhas memoriasque non van deixar indiferente a ninguén.

Otros libros del autor

  • Titulo del libro
    FOULA E RONSEL
    MARCO, AURORA
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $34.541

  • Titulo del libro
    IRMANDIÑAS
    MARCO, AURORA
    Sujeto Disponibilidad de Proveedor

    $62.030