Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en XeraisNarrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anosvinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a travésdunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada enterceira persoa, que protagonizan os personaxes principais -Dinís eFilipa- artéllase un percorrido centrado na represión exercida enPortugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e naactividade da resistencia clandestina antifascista, un pano de fondofundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor,entre as que salientan a de Dinís -un obreiro da fábrica de vidroIrmáns Stephen- e Filipa -filla dun rico comerciante de Coimbra-.Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. OPinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida.Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantesviuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraronPortugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas amilitancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. Eloitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: aresistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vaitornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas.Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer,Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historiaportuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude doamor, a morte e o silencio.