É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unhamuller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable naboca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla daexpulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticarnun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunhamisión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso.Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita:as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo, entre unpasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo, entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo.En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ousi. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.