Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa culturaunderground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, daprodución de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dosmedios de comunicación audiovisuais e da cultura da música popanglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da linguae os seus diversos niveis e usos, que xoga e experimenta coa linguaxenarrativa, que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas, queutiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais atopados,creados, manipulados para facer literaturaàConsiderado como libro aberto, e polo tanto conceptual e poético,Polaroid constitúe unha auténtica máquina de fabricar significados entodas as direccións, un artefacto literario para provocar cavilaciónse emocións, para non deixar indiferente ao lector ou lectora.Tematicamente, aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo comoda memoria, deitando unha mirada sobre o país, na ruptura co seupasado, no esgazamento da cidade que esquece o campo, do presente queesquece o pasado. Un libro que ten o sentido e a alma esgazados. Unlibro concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el.