Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que taméndebe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribirliteratura é un oficio severo que conforma a persoa, porque unescritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio dapalabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria,que Suso de Toro quixo compartir.En palabras do propio autor, «escritores e escritoras evolucionan como persoas, no curso do tempo, e como creadores literarios, no curso dasúa obra e das súas porfías estéticas. Hai algún momento en que unolla atrás e hai algún momento posterior en que un comprende que atarefa está feita: aí é cando semella natural compartir, repartir ou,simplemente, contar o vivido e o aprendido».