Despois do éxito da súa Guía da Galiza máxica, o escritor e fotógrafoVítor Vaqueiro, que en 1983 recibiu o Premio da Crítica Española polopoemario A fraga prateada, fai unha incursión no mundo da narracióncurta. O resultado é literatura ambiciosa e esixente, ao tempo querebordante de tensión ética e estética, na que as lembranzas persoaise a memoria colectiva percorren un único camiño. Nos dez relatos queintegran Os xenerais de Africa, recréase un espazo xeográficoclaramente definido e chégase, partindo de escenas situadas en Vigo, a un tratamento intenso de temas universais.