Longos anos de estudo e preparación precederon esta singular guía,anos de viaxes por Galicia, lendo e escoitando, recollendo o sabido edescubrindo o esquecido.
Nunha primeira parte, familiarízanos oautor coa "Ollada marabillosa" presentando sitios, personaxes e feitos que constitúen o universo máxico deste país fisterrán e das súasxentes: castros e tesouros, meigas e encantamentos, a santa compañae os lobos. Na segunda parte -"O lugar da lenda"- amósanse astradicións vencelladas a lugares concretos: desde Abegondo ata Xinzode Limia, pasando por San Andrés de Teixido, Santiago, Mondoñedo etoda a xeografía máxica de Galicia.
Con máis de 200 fotografías egravados e 50 mapas de localización, esta Guía da Galiza máxica é ungozo non soamente polo seu contido, senón tamén por unha presentacióngráfico-visual que ameniza a lectura.