Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centradana figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoriaAo tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aosinfernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria.Texto de imaxes luminosas, demóstranos a forza narrativa dunha dasescritoras máis singulares da nosa literatura, capaz de crear, comofai nesta novela, un universo absoluto a partir dunha palabra que,máxica, sobrenatural, creadora, nos fai viaxar coa protagonista polasvidas duns personaxes atrapados, dalgunha maneira, dentro dos propiostraumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. E isofai a autora, levándonos a un tempo de violencias familiares eacontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador, tamén ásvidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea.Todo escrito cunha prosa magnética que, coma man de ferro, se noscrava no esterno para obrigarnos a ler e a pensar, a pensar e arevivir. Ata que chegue o lume final, que todo o destrúe.