En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos,sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de Españaentre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seucasco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro depalla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon aluz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranzadun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontroimposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válidopara as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante dasgrandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido deépocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegosabandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertosnun contexto sociocultural adverso.O atentado é unha novela decontrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coanarración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coatenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que senoten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid oafoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxirno tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ataser destruído dunha maneira dramática e inesperada.O atentado é unhahistoria de morte e amor, na que Fernández Ferreiro confesa que haimoito de si mesmo, constituíndo unha grande homenaxe a súa aldeaperdida. Tecida plano a plano, é un dos froitos máis logrados daartesanía literaria deste grande novelista labrego e afiador.