Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas,reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra queatacou a ribeira atlántica. Dende os primeiros días do accidente doPrestige, o escritor Suso de Toro foi relatando e interpretando nosmedios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultadabaixo un cobertor de silencio interesado, e a súa transformación nunha crise na política galega, logo na política española e agora nunhacrise da política do Estado ante esta catástrofe de dimensiónseuropeas e mundiais. Suso de Toro amosa nestas páxinas o seuconvecemento de ter asistido durante este mes ao nacemento dunhanación, para el "o vello pole do orgullo nacional galego teimosamentegardado e transmitido atopou á fin un terreo humano no que prender.Unha sociedade que o acolleu". O escritor Manuel Vázquez Montalbansinalou que estas vibrantes crónicas de Suso de Toro merecerían formar parte dunha posible Historia Universal da Chapuza, título destinado a quen queira mergullarse nun dos capítulos menos estimulantes daconducta humana. Nunca máis Galiza á intemperie é un libro épico ecomprometido, unha homenaxe aos mariñeiros galegos que, co seu valor e a súa determinación, nos deron a todos un exemplo de civismo efecundaron o sentimento do orgullo de sermos galegos.