A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar comaunha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos defrustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentanrealizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos eavances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira dosalmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agorapermaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor queesculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que nonpermanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan nasociedade do seu tempo. Suso de Toro escribe dende a súasubxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos donoso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundotecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobrezaeconómica e moral na que viven milleiros de persoas, dende adiscriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende ofuturo do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende unpensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo einsubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse:polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda abertopara os que teñan azos e vontade.