Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro caracterízanse por un triplopropósito: en primeiro lugar, o afán de fidelidade ao texto, aanalizalo a partir de si, a explorar as súas articulacións, a procurar a relación de máxima intimidade con el, en segundo lugar, a tentativa de pensar o texto, levado pola imaxinación teórica propia do xéneroensaístico, nun xogo de ida e volta entre a análise minuciosa e areflexión sobre o literario, en terceiro lugar, a vontade de comunicar esa experiencia a outros, achegándoa á sociedade da que e en que ostextos nacen, tarefa esta máis premente cando a literatura constituíue constitúe un lugar privilexiado na inacabábel construción daidentidade de Galiza e na súa proxección universal. Por tanto, estetraballo querería ser útil para calquera lector interesado naliteratura e a cultura contemporáneas, para o investigador ou oespecialista e, con certeza, para o profesional do ensino que queirabeneficiarse dun traballo con efectiva aplicación á hora de axudar aler, comprender e facer gozar estes textos aos seus alumnos, no ensino medio ou universitario.