Eduardo Pondal foi o máis parecido a un escritor profesional que houbo entre nós, por non estar obrigado a gañar a vida e ter o tempo todopara o labor literario en que esgotou a súa vida, realizado cun rigorimpar e, no entanto, moitas veces mal entendido, até se difundir atristísima imaxe dun autor machista, racista, louco ou... nefelibata,hoxe común cando se fala do de Ponteceso. Este libro quere contribuírá superación de tales prexuízos cunha lectura atenta dos Queixumes dos pinos e esclarece como tal obra mestra trae ao primeiro plano aconstitución da literatura nacional e torna visíbeis os múltiplosproblemas que os escritores do Rexurdimento enfrontan na construcióndos textos para conseguiren comunicar eficazmente co seu público,vencendo as limitacións dun contexto cultural españolizado. OsQueixumes adquiren sentido cabal se os interpretarmos como unharesposta á punxente situación da Galiza nos mediados do Século XIX e,entón, aparécennos caracterizados pola tensión estabelecida entre oalento emancipatorio que bole nos poemas e a lúcida consciencia dasubmisión colectiva que abafa o diálogo creador da comunidade.