IGLESIAS, BIEITO / IGLESIAS ARAUXO, BIEITO
Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos elesdesenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizadospolo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz deprata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a estevolume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesosque as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo deocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde noseu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial,ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedadecómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, senreparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que ascousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampoucovai deixar que ninguén o tome por parvo.