IGLESIAS, BIEITO / IGLESIAS ARAUXO, BIEITO
Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propiasverbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Osrelatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados polacachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidadeurbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia,violencias varias, exclusión dos vellos? No entanto eses e outrostemas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un talpunto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luzcrepuscular aludida no título ou ?nas distancias curtas? pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxicapreséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e odiálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos parainterromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha moscainvisible".