Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo conhumor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos... Ásveces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememosprecisamente o que pode liberarnos.Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nososmedos poden ser ridículos e ata cómicos, pero outros son tanaterradores que nos impiden abrir os ollos. Ás veces temos tanto medoque nos falta o aire para respirar e cremos que non seremos quen desoportar a situación e, así e todo, conseguimos o valor necesario para tirar adiante e seguir enfrontando a vida. A fin de contas, temosmedo porque aínda non estamos mortos.