Onofre García é un rapaz que se resiste a deixar de ser adolescente.Traballa nunha empresa de informática e un día, intentando impresionar a unha moza, asegura que é director de cine. O incidente provoca uncambio radical na súa vida, porque a moza resulta ser produtoracinematográfica e Onofre recibe unha oferta para dirixir unhapelícula. Sen pensalo dúas veces, acepta e comeza a vivir como unimpostor, tratando de aprender, en directo, os segredos da pantalla.Para saír airoso vese obrigado a disimular e enfrontarse aprodutores, guionistas, axudantes de fotografía, actores, montadores,músicos, etc. Diario do impostor é unha novela trepidante que oscilaentre a intriga e a comicidade, e ofrece un repaso do mundo do cine ea gravación dunha película desde os ollos dun neófito que aprende, agolpes, as leccións máis importantes.