Marcial Valladares Núñez (1821-1903) é autor da primeira novela galega do século XIX, obra sobranceira do rexurdimento: Maxina, ou a fillaespúrea (1890). Nese mesmo ano publicou Rosalía de Castro Follas Novas e M. Curros Enríquez Aires da miña terra.Presentada primeiro porentregas no folletón de La Ilustración Gallega y Asturiana, quedirixía Manuel Murguía, Maxina representa o primeiro grande esforzopara a construcción dunha narrativa nosa, dacabalo entre oromanticismo e o realismo propios da época. Pero é tamén un espléndido retablo da fala viva, dos recursos máis eficaces dos nosos‘´precursores´´.