RABADE VILLAR, MARIA DO CEBREIRO
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2021Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso camposimbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxentecorpus de produción verbal, que aquí denominamos xiro discursivo damaternidade. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda datransmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dousfeitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo danatalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeirofillo. Estes factores contribúen a explicar a transferencia dunhaserie de modelos extraídos do mundo do traballo no réxime neoliberalás tarefas da crianza. Explorar os novos dispositivos parentais, e assúas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio,que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista, ao tempoque tenta explorar os límites da dimensión confesional do xénero.