RABADE VILLAR, MARIA DO CEBREIRO
Feminino e plural, As terceiras mulleres son figuras da multiplicidade que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa intervenciónhistórica das mulleres como "suxeitos". Este ensaio de ensaios intenta trazar un percorrido libre por distintas obras da tradiciónoccidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e asartes visuais de moi distintos tempos e lugares. En As terceirasmulleres, a autora amosa como as fillas de Anio, cantadas por Ovidionas Metamorfoses, supoñen a emerxencia dunha posibilidade alternativade concibir a relación entre os xéneros, tomada esta palabra no seudobre sentido de "xénero sexual" e "xénero literario". A misteriosaraíña de Mallorca, o poema "Dona Flamenca" de Alvaro Cunqueiro e acanción de temática amorosa composta e interpretada por mullerescubanas son outros dos temas sobre os que María do Cebreiro refléxiona e, a carón deles, sobrancean un orixinal achegamento ao pensamentoliterario de Virxinia Woolf ou a análise da fuxida dos discursosfilosóficos e artísticos sobre o amor na sociedade contemporánea.