Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficialna corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia,agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida ea súa desgraza.Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súapropia memoria, a través da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, ohome testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Senesquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración vai compoñendo o tapiz dunha traxedia naque, canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan asameazas dos rivais e inimigos.