Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admiradosen secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e adesesperación. O Piloto -o derradeiro abatido en España- matárono en1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aíndaseguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaosde bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo decataclismos.Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos deinvestigación e traballo profesional a seguir os pasos destesprotagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos.Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias deprimeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúnscasos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.