Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e áobra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza aescrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha portapara entar na poesía silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A través de pequenas descubertas, de anécdotas simpáticas, dunhalinguaxe asequible e dunha aproximación amigable aos seus poemas,visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel, a súa infancia,a Guerral Civil, a escritura d’ Os Eidos, os días de Brais Pinto enMadrid, o compromiso coa lingua, a súa amizade con María Mariño, oNovoneyra beat do 68, a caligrafía, os seus libros infantís,Compostelaà Unha biografía e unha antoloxía de Uxío Novoneyra paralectores e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgaciónimprescindible para coñecer a figura das Letras Galegas 2010.