GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}),GBS_setLanguage('es'),GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-410-3'),Anticipándose á súa publicación en inglés, Editorial Galaxia pon nasmans dos lectores e lectoras galegos o novo libro de Paul Auster. Unha novela na que o escritor relexiona sobre a súa vida a través dorelato dos momentos que deixaron pegada na súa imaxinación.A nova novela do autor de Brooklyn Follies encaixa á perfección no que a crítica denomina "autoficción": o novelista escribe sobre si mesmoe convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e élida como unha narración.Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama "oinverno da vida". A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendounha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acabanpor adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. Odivorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestaciónsuniversitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente decoche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seufillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadíaen París... a rememoración do día a día debuxa sutilmente unhahistoria chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a feridado tempo e a escritura.Diario de inverno non é a primeira vez que Auster escribe sobre simesmo, pois xa en en 1982 publicou The Invention of Solitude, libro no que contaba os derradeiros anos da vida de seu pai.