A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súaexperiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónicaliteraria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escritadende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por graveque for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenasresalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Eis, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizaissubestimado: descubrir nas rotinas diarias pequenos praceresinsospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contarcoa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devircotián. Destilación de vida en estado puro.A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade deesculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Adentrarsenestas páxinas coraxudas, enchidas, paradoxicamente, de humor e taméndalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianzanas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e polaesperanza á que nos convida María Victoria Moreno.