A cidade mais antiga de Galicia, a vella Lucus Augusti dos romanos,mantén íntegra a súa muralla. Declarada Patrimonio da Humanidade, asúa tipoloxía urbana, os seus monumentos, as súas xentes... fanamerecente dunha visita demorada. Descubrir Lugo é un torrentío desorpresas... unha fonte que mana viño, unha virxe de ollos grandes, un museo exemplar, un impresionante concello barroco, unha catedralextraordinaria.