Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez epropietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e compartenespacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca depilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacialnorteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, osxamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub "Sempre en Galiza", unha especiede parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses quesoñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes nondesexados como o subcomisario Alberte Sanxil. "Casa Skylab", a obragañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar naque intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das súas aparicións anteriores en "Comendo espaguetis diante datelevisión" e "As horas sucias"."Casa Skylab" de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humorcorrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes queaparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica esarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta, que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como "unhainterpretación mordaz e paródica do galeguismo".O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamén, sinalou da obra que"partindo da súa modernidade conceptual, da súa estructura singular epolifónica, e do seu estilo rápido e tempo profundo, conecta con esanovelística galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos".Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da novadécada.