Unha noite desapareceron todos os zapatos do pé esquerdo, no barriotodo o mundo sospeita do Mangallón, un vello rabudo que vende calzado. Tan só un grupo de rapaces que lidera Nica cre na súa inocencia. SonOs Sabuxos. Eles ocuparanse de descubrir a verdade e de que nonderruben a casa do Mangallón para ampliar un campo de golf. Por outraparte, Nica intentará que o guaaapííísimo Sam lle preste un chisco deatención...