Historias de cine que forman parte da nosa historia que, coma enCinema Paradiso, marcan o devalar do tempo. Envexable pulso narrativoe pingadelas de humor, Miguel Anxo percorre a historia cinematográfica do século XX a traves dos filmes que se proxectan no Capitol, un cine dos de antes arredor do cal se tecen vidas e historias tanapaixonantes como as que se proxectan na súa pantalla. Aventura, amore misterio nun libro de narrativa que conta a historia do cinema dunha maneira imaxinativa e orixinal. Ao lembrar esas películas de cine que deixan na memoria un pouso de sensaciones e vivencias, Miguel AnxoFernández explora ese territorio privado no que a fantasía do cinemase mestura coa realidade da vida dando lugar a unha obra narrativa que engaiola e conquista lectores. A mesma fascinación que acontece nasala de proxección trasládaa o autor ás narracións de Capitol, últimasesión.