Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros einclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre aliteratura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, dasaparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, daobxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo,unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións.Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordésque varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan osrostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que seperden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Dosabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada deestorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. E un mollo de emoción que talvez nos permitaatrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nosfoxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.