Premio de novela europea 2004. Un premio concedido por un xurado delectores e lectoras, organizado polo Casino de Santiago de Compostelae que se concede a obras publicadas en calquera país de Europa. No2004 a novela gañadora foi A Mennulara, da autora italiana SimonettaAgnello Hornby. A Editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Santiago, publícaa na colección Literaria, coque continúa a súa liña editorial dedicada á edición en galego dasmáis salientables novidades de narrativa internacional. A novela conta a vida dunha muller singular, a Mennulara, chamada así porque de nena colleitaba améndoas. Unha novela que se inicia o 23 de setembro doano 1963 coa morte da protagonista, para, posteriormente, desenvolvero relato en espiral ao redor da figura desta criada dunha familia deterratenentes sicilianos. Os veciños da vila de Roccacolombapregúntanse sobre o poder desta muller, que chegou a ser, na práctica, a administradora das propiedades e do pazo da familia Alfallipe.Chegan a odiala e mesmo a maldicila, pero tamén hai quen a lembra congratitude. ¿Quen era realmente?¿Unha sedutora?¿Unha peza máis nas mans da mafia local? A Mennulara é un dos máis intensos e poderososretratos de muller da narrativa europea actual. Ao tempo a novelafainos volver á Sicilia de O Gatopardo, que, un século despois, aíndase debate entre o pasado e o presente, coma se quixese resistir aopaso do tempo. Un mundo de misterio e paixón, de personaxes esituacións memorables, contado coa sensualidade e o colorido da luz do Mediterráneo.